Veciños da rúa Extramuros viven amedrentados polos cans

    can copia.jpgCARRIL> Os animais viven en condicións insalubres nunha finca privada e xa atacaron a varios peóns.

    {flowplayer}images/salnes/DENUNCIA_CANS_AGRESIVOS.flv{/flowplayer}

    Ó redor dunha quincena de cans que conviven nunha finca sen recibir coidados do propietario. Esta é a situación que veñen de denunciar os veciños da rúa Extramuros, en Carril. A agresividade dos animais é unha das principais preocupacións dos habitantes da zona. Ademais a finca está delimitada de xeito moi precario, o que non evita que os cans salten á estrada e ataquen ós peóns.

    O ruído e a falta de hixiene que sofren os animais fai que as pragas se reproduzan e os malos cheiros invadan as casas dos arredores. Unha situación que os veciños levan soportando dende hai anos. Sen embargo, aseguran que é imposible chegar a un acordo co propietario da finca.

    Patrullas de Protección Civil e da Protectora de Animais de Vilagarcía xa visitaron en varias ocasións a finca. Pero de momento, os veciños continúan sen ter unha solución para o seu problema, polo que esixen a intervención do concello e das autoridades para devolver a seguridade á zona.

    Redacción Salnés