Os Encontros Arqueolóxicos volven situar a Boiro na capital da divulgación científica

BOIRO> Nas xornadas, que se desenvolveron esta pasada fin de semana, participaron máis de trescentas persoas. O seminario xa está consolidado coma un referente a nivel nacional con poñentes de gran prestixio.

Máis de trescentas persoas participaron durante toda esta pasada fin de semana no Encontro Arqueolóxico do Barbanza, que este ano chegou á súa décimo terceira edición. Unha cifra que o consolida xa coma un referente a nivel nacional e mesmo internacional. Na apertura do seminario tomou parte o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, quen destacou a importancia deste evento de gran interés cultural polo que pasan prestixiosos expertos nesta materia.

Tamén tomou parte o alcalde, Xoán Xosé Dieste. O rexedor fixo fincapé no importante traballo que está a facer o Concello para consolidar este encontro de carácter anual.

Durante as dúas xornadas fóronse sucedendo numerosas ponencias como a impartida por María del Mar Marcos, catedrática de Historia Antiga na Universidade de Cantabria que versou sobre o mercado das relixións no mundo greco-romano. Outra das charlas que levantou maior interese foi a ofrecida por Ezequiel Lago, arqueólogo e investigador da USC, que expuxo os resultados da intervención efectuada no emiritorio da Miserela. Os Encontros chegarán o seu remate o vindeiro domingo con novas conferencias, entre as que destaca a de Michael Barton, profesor da Universidade de Arizona, un dos máis importantes especialistas de Estados Unidos no uso das máis modernas tecnoloxías no ámbito dos estudos arqueolóxicos.

Comments are closed.