Máis de setenta toneladas de lixo acumúlanse nas rúas de Padrón

    folgalixopadronsemana.jpgPADRÓN> Os cheiros xa son insoportables logo dunha semana de folga, malia manterse uns servizos mínimos de recollida do corenta por cento.

    Unha semana despois do inicio da folga da recollida do lixo a situación en Padrón faise practicamente insostible. Toneladas de residuos amoréanse por calquera esquina, emanado cheiros que teñen que soportar os veciños e visitantes desta turística vila. Ademáis, en moitas zonas xa se pode falar de focos insalubres. Polo momento, a empresa négase a concederlle-la suba salarial do tres por cento esixida polos traballadores, que instan ó concello a mediar para dar solución a este conflito.

    Os traballadores pactaron servizos mínimos do corenta por cento que se están a respectar. Aínda así, son insuficientes para a recollida dos dez mil quilos de media diaria que xera o municipio.

    {flowplayer}barbanza/folgalixopadronsemana.flv{/flowplayer}

    Única saída

    Na rúa, malia que todos coinciden no desagradable da situación ha división de opinións. Moitos veciños están de acordo coa folga, que vén como única saída para que os traballadores consigan unhas condicións xustas.

    Pola contra hai quen considera que deberían buscar outras fórmulas de protesta que non prexudiquen ós habitantes nin deterioren a imaxe da vila. Mentres, os traballadores non pensan retomar a actividade ata que a empresa asuma unhas reivindicacións que consideran do máis razoables: suba lineal de trinta e seis euros e tres días de asuntos propios. Representantes da empresa concesionaria, Global Vambru S.L.U. e traballadores mantiveron unha xuntanza a última hora desta tarde, na espera de achegar posturas.

    Redacción Barbanza