![]()
CALDAS> Á xuntanza tamén asistiron as deputadas socialistas Carmen Gallego e Carmen Cajide. O concello pretende contar así co asesoramento dos ecoloxistas.
{flowplayer}images/salnes/reunion_adega_caldas.flv{/flowplayer}
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, Adega, reuniuse co alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey e coas deputadas socialistas Carmen Gallego e Carmen Cajide, para tratar de acadar solucións á actual situación do río Umia e do encoro. O alcalde saca moi boa impresión desta reunión onde manifestou que a prioridade para o concello, neste momento, é o abastecemento.
Esta é a primeira de varias xuntanzas que se manterán con Adega para contar co seu asesoramento. O alcalde insiste en que o obxectivo será garantir a calidade da auga sen esquecer o leito do río Con respecto á solicitude na Xunta, dunha reunión entre o alcalde e o Conselleiro, Juan Manuel Rey, segue á espera.
Redacción Salnés










