![]()
O GROVE> Esta mañá, inaugurouse a terceira edición do obradoiro. Este proxecto conta cunha importante porcentaxe de inserción laboral. Máis do 75% dos alumnos de anteriores edicións lograron atopar un emprego.
{flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_OBRADOIRO_EMPREGO.flv{/flowplayer}
Con esta iniciativa, a Mancomunidade busca preparar ós maiores de 25 anos para facilitarlles o acceso ó mundo laboral, atendendo ademais ás necesidades dun dos principais sectores da zona: o turismo. O curso, dun ano de duración, conta desde a súa primeira convocatoria co apoio da Deputación e da Xunta. O organismo provincial cede á organización as instalacións do centro de vacacións de A Lanzada, mentres que o autonómico aporta mais de 800.000 euros.
No acto estiveron presentes o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o presidente da Mancomunidade do Salnés, Jorge Domínguez. Os tres dirixentes destacaron a importancia do obradoiro para a formación de novos profesionais e incidiron na oportunidade que supón o curso para a creación de emprego no Salnés.
Louzán aproveitou a ocasión para recordar a posta en marcha dun novo proxecto na comarca. Cunha inversión de máis de 10 millóns de euros, a Deputación vai construír 4 pousadas no Salnés, un proxecto pioneiro no norte de España que atraerá ó turismo de persoas con discapacidades.
A primeira destas pousadas ubicaríase no mesmo centro de vacacións de A Lanzada. Porén, o presidente provincial insistiu en que isto non influiría na realización de futuros obradoiros hosteleiros.
Redacción Salnés








