O proxecto ‘A Canle’ gaña o concurso de ideas para a remodelación da Casa Parga de Meis

MEIS> A Canle é o proxecto gañador do concurso de ideas para a rehabilitación da casa de Parga de Meis.  O deseño gañador mestura unha estrutura de pedra e madeira para manter a esencia da edificación orixinal. Unha vez rehabilitada a casa Parga converterase nun museo e ademais será empregada para diversos usos sociais e culturais.

 Todos estes proxectos que están expostos na Casa do Escudeiro de Meis foron presentados no concurso de ideas para a rehabilitación doutra casa con historia da vila, da casa Parga. En total foron 35 os deseños presentados, dos cales o gañador é a Canle.

O proxecto non só mantén a estrutura e esencia da Casa Parga se non que o resto da finca manterá a mesma filosofía.

A idea principal do concello é converter á casa Parga nun museo pero tamén nun espazo onde realizar actividades sociais e culturais.

Todos os proxectos estarán expostos na casa do Escudeiro durante os vindeiros días. Os catro primeiros seleccionados polo xurado recibirán un premio económico. En canto a rehabilitación, agora o concello deberá buscar a financiación para poder realizar o proxecto. O orzamento podería roldar os dous millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí