![]()
VILAGARCÍA> Se barallan Modesto Pose, Suso Paz, Carlos Guerrero e Tania García. Saímos ás rúas de Vilagarcía para saber que opinan os cidadáns
{flowplayer}images/salnes/ENQUISA_CANDIDATOS_PSOE_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
A pouco máis de sete meses para as eleccións municpais, o PSdG-PSOE está na busca e captura dun novo candidato para a alcaldía de Vilagarcía. O pasado 23 de setembro, Dolores García anunciaba que non se presentaría ós comicios. Deste xeito, os socialistas quedaron sen candidatos e a maquinaria púxose en marcha. Para elo, realizarán unha serie de enquisas para coñecer as preferencias de afiliados, militantes e simpatizantes. Barállanse catro nomes. Modesto Pose, secretario xeral dos socialistas en Pontevedra, Suso Paz, responsable de Recursos Humanos e comercial do Porto de Vilagarcía, o ex concelleiro de deportes Carlos Guerrero, e a secretaria xeral da executiva local.
Algúns vilagaciáns teñen clara a súa elección entre estes catro candidatos. Outros, non coñecen a ningún dos nomes que se barallan. Tamén hai que ten o seu candidato de por vida e non quere saber dos demais. Javier Gago volve estar na mente de varios cidadáns de Vilagarcía.
O que si está claro é que calquera que sexa o candidato socialista, enfrontarase, o próximo 22 de maio, ó presidente dos populares vilagarciáns, Tomás Fole.
Redacción Salnés









