Boa resposta dos veciños na primeira xornada do cribado de Vilanova

VILANOVA> Primeira xornada do cribado masivo en Vilanova de Arousa, cunha boa resposta por parte dos veciños. Están chamados a participar máis de 1.700 persoas de entre 50 e 64 anos. As probas vanse prolongar ata este venres.

Dende as 9 desta mañá está en marcha o cribado masivo do concello de Vilanova. Por estas carpas, instaladas na contorna do pavillón municipal, deberían pasar máis de 1.700 veciños de entre 50 e 64 anos. O obxectivo, detectar asintomáticos para frear unha posible transmisión do virus.

Porque Vilanova segue a ser un dos municipios cunha incidencia acumulada superior a 250 casos por cada 100.000 habitantes. Ante esta situación, a resposta dos veciños está a ser boa, concienciados da utilidade deste tipo de probas.

Os veciños entenden que é necesario participar neste tipo de inciativas para poñerlle couto á covid.

O cribado vaise prolongar ata o vindeiro venres. Os resultados negativos comunicaranse por SMS. Os positivos, pola súa banda, será cunha chamada telefónica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí