A Xunta aproba o investimento de 8,4 millóns de euros para a EDAR do Grove

    vazquez100_211108.jpgO GROVE > O Consello da Xunta autorizou o gasto de 8,4 millóns de euros para a Estación Depuradora de Aguas Residuales do Grove, …

    … unha planta que dará servizo a 40 mil habitantes.

    A obra prevé tamén a construcción dunha estación de bombeo, treitos de impulsión, colectores xerais e un emisario submarino que partirá desde a EDAR, preto da Ostreira, ata o medio da ría. Nun principio estaba previsto situar a depuradora en Laxe de Rons, pero finalmente moveuse uns 200 metros para diminuír o seu impacto, e ante as reclamacións de veciños, mexilloneiros e depuradores.

    O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez comprometeuse na visita que fixo ó Grove en xuño a que a EDAR non prexudicará o medio mariño. Segundo explicara entón, a planta aplicará o sistema terciario, é dicir, que as augas dos sumidoiros serán sometidas a un procedemento bacteriolóxico que eliminará gran parte da carga de coliformes do caudal do emisario. O proxecto ten un prazo de execución de 28 meses e a obra será financiada pola Consellería de Medio Ambiente.

    Redacción Salnés