![]()
PONTECESURES> Xaneiro é a data na que se prevé o cambio, que mellorará a eficacia do traballo dos empregados.
{flowplayer}images/salnes/centro_saude_pontecesures.flv{/flowplayer}
Para as veciñas e veciños de Pontecesures, o único que cambia do seu Centro Médico é a dependencia administrativa que antes era de Pontevedra e a partires de xaneiro, dependerá de Santiago de Compostela, onde ata o de agora, só dependían na asistencia hospitalaria.
Dende o Concello de Pontecesures, contentos co cambio e as súas consecuencias, pero non cesan nas súas reivindicacións: un pediatra e un segundo médico para o Centro… xa solicitados e aínda non concedidos.
Para a área de Santiago de Compostela, que amais, pasa xa a ser xerencia única, o cambio é todo un reto. Dos sesenta e tres centros que xa posúe, auméntanlle dezanove centros mais. Sen embargo o xerente está seguro de que todo son beneficios.
Unificar en Santiago as dependencias administrativas dos Centros Médicos, supón cero esforzo por parte dos cidadáns e melloras considerables na eficacia do traballo nos Centros.
Redacción Salnés








