O Director de xustiza visita as instalacións dos xulgados

    julioiglesiasredondo_100_280207_1.jpgVILAGARCIA > O director xeral de xustiza da xunta, Julio Iglesias redondo, visitou esta mañá as instalacións dos xulgados de Vilagarcía.

    Alí valorou a posibilidade dunha ampliación e a creación dunha cuarta sala, aínda que non de xeito inminente. E apostou pola iniciativa popular nesta nova época de eleccións para presionar ó goberno nacional coa requerida unidade de loita contra o narcotráfico.

    Julio Iglesias Redondo, Director xeral de Xustiza da Xunta, e Mayka Larriba, delegada provincial en Pontevedra, visitaron esta mañá o edificio dos xulgados en Vilagarcía, no marco das visitas que se están a realizar para coñecer de primeira man o funcionamento destes en toda Galicia.

    Delitos por narcotráfico

    Durante o percorrido, o director xeral se referiu á xa antiga demanda dos colectivos antidroga da comarca, que no seu día foi rexeitada polo goberno central ó non considerar que existise carga de traballo suficiente que demandase a creación dunha sala específica para delitos por narcotráfico.

    Tamén se referiu á posibilidade de ampliación do actual edificio da avenida da mariña cara os terreos anexos, aínda que non de forma inminente, xa que a carga de traballo das tres unidades actuais é normal. De cara ós meses de verán si está previsto que se amplíen os recursos humáns, medida que xa está prevista como reforzo.

    Redacción Salnés