A luz non subirá máis dun 11% a primeiros do 2014

    VILAGARCIA> A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ven de anulan esta amencida a subhasta eléctrica ó considerar que concorrían nela circunstancias atípicas. Deste xeito evita que se aplique a suba da luz de máis do once por cento prevista a partires de primeiro de ano. A luz non subirá a primeiros de ano máis dun 11 %. Esto será posible grazas ó dictame da comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, que ven de anulan esta amencida a subhasta eléctrica ó considerar que estaba dalgún xeito amañada. Este é o requerimento que precisaba o Ministro de Industria, José Manuel Soria para evitar que o incremento non supere o 10 %. Nas Rías Baixas, a cidadanía acolle moi mal esta serie de subas continuadas no prezo do prezo da luz, independentemente de cal sexan as causas que leven o ascenso do prezo. E é que a luz é un dos bens indispensables nos Concellos da comarca pero o incremento reiterado do seu prezo está a convertela nunha destacada carga para os consumidores. De todos xeitos, que non se suba a primeiros de ano un 11 % non implica que en sucesivas subidas se chegue e mesmo se supere ese porcentaxe de gravame. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/20/luz.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/20/suba_luz_201213.mp4{/flowplayer}