A CIG convoca outra mobilización en contra da reforma laboral

    MOBILIZACION_CIGcopy.jpgSALNÉS> A manifestación terá lugar o vindeiro día 18 diante da Casa do Mar de Vilagarcía a partir das oito da tarde.

    {flowplayer}images/salnes/CIG_REFORMA_LABORAL.flv{/flowplayer}

    Despois da folga xeral do pasado 29 de setembro, a central sindical CIG continúa coas súas mobilizacións en contra da reforma laboral.

    Recoñecen que despois desa data, o goberno central fixo varios cambios pero non nas súas políticas. Isto está a provocar, confesan, que as condicións dos traballadores do Salnés, en especial nas pequenas empresas, sigan empeorando.

     Por iso, a CIG arousá convoca unha nova manifestación en contra da reforma laboral, da negociación colectiva e do recorte das pensións.

    O sector que se está a ver máis prexudicado é o da construción como está ocorrendo nos polígonos do Salnés onde son cada vez máis as empresas teñan que pechar as súas portas. Pero no sector público tamén se deixa notar esta reforma laboral. Por iso, o responsable de CIG ensino manifestou que tamén acudirán á convocatoria do día dezaoito.

    Con todo, Xoán Xosé Bouzas fai, de novo, un chamamento á mobilización. E advertiu que de continuar a situación por esta liña, a CIG non descartan facer outro folga xeral.

    Redacción Salnés