Falecen dous anciáns intoxicados con monóxido de carbono

    CATOIRA> Atopan mortos no interior da súa casa a dous veciños de Catoira de avanzada idade. Aínda que as causas dos falecementos están por confirmar, todo apunta a que se trata dunha intoxicación por inhalación de monóxido de carbono.

    Foi a filla da muller de 74 anos, a que deu a voz de alarma. Ó redor das 10.30 da noite intentou contactar coa parella, pero sen éxito.

    Ata o lugar dos feitos, unha vivenda na rúa do concello, desprazáronse tamén Protección Civil e os Bombeiros do Salnés. As probas que se realizaron sobre o terreo indican que no inmoble se rexistraron niveis de monóxido de carbono que excedían os parámetros normais, polo que a morte por inhalación de gases é a hipótese que ten máis forza.

    O falecido, tamén veciño de Catoira, tiña 73 anos. Ambos serán enterrados mañá ás cinco da tarde na parroquia de San Miguel de Catoira.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/04/aparicion_ancians_mortos_catoira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/04/aparicion_ancians_mortos_catoira.mp4{/flowplayer}