Os hostaleiros da Pobra preocupados polo incremento dos roubos

    roubospobra.jpgPOBRA> A situación está a levantar unha certa preocupación na vila, temendo que os roubos vaian en aumento.

    {flowplayer}barbanza/roubospobra.flv{/flowplayer}

    A Garda Civil e a Policía Local están a intensificar estes días a vixilancia nas rúas debido ó incremento rexistrado nas últimas semanas no número de roubos na localidade. Na maioría dos casos os furtos non son demasiado importantes. Trátase de actos delictivos a pequena escala, onde o botín, que chegan a levarse os delincuentes, non é demasiado elevado. Aínda así a situación está a levantar unha certa alarma e preocupación no municipio ante o temor de que estes casos vaian a máis.

    Precisamente un dos establecementos que sufriu un destes roubos nos pasados días foi o cámping Ría de Arosa ubicado en Cabío. O ladrón accedeu ó interior do local rompendo unha chapa da porta traseira facéndose cun botín duns oitocentos euros .

    Máis efectivos

    Ante as queixas formuladas por moitos dos seus socios, a Asociación de Empresarios da Pobra, xa está a tomar cartas no asunto, trasladándolle esta preocupación ó comandante do posto principal da Garda Civil de Boiro e ó propio concello, coa finalidade de aumenta-la presenza policial nas rúas, tratando de evitar na medida do posible, que os cacos campen ás súas anchas.

    Redacción Barbanza