Accidente laboral con vítima mortal en Coregal

    BOIRO> No suceso, que se producía este mediodía nas instalacións de Coregal, no polígono de Espiñeira, perdeu a vida Francisco Silva Vidal, de 58 anos e veciño de Cabo de Cruz. A pesar da rápida intervención de auxilio, en primeira instancia dos seus compañeiros de traballo, e posteriormente dos equipos de emerxencia desprazados polo 112 ata o lugar, nada se puido facer por salvarlle a vida. As múltiples e graves lesións que presentaba a vítima, ó caerlle enriba una palé cargado con cartón prensado de máis de douscentos quilos de peso, provocáronlle a morte. Ata o lugar do suceso achegáronse dúas dotacións do parque de bombeiros de Boiro, membros do Grupo de Emerxencias Municipal, así como dúas ambulancias asistenciais, o helicóptero do 061 e persoal sanitario do Centro de Saúde de Boiro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/22/accidentelaboralcoregal220114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/22/accidentelaboralcoregal220114.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí