BARBANZA> A Deputación da Coruña vén de publicar as axudas concedidas no marco do Plan PEMES para a contratación de persoal. Na comarca do Barbanza, medio cento de empresas beneficiaranse destas subvencións por importe próximo ós 600 mil euros.
O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar a concesión das axudas do PEL-PEMES para o fomento do emprego. Na comarca do Barbanza aprobáronse 52 solicitudes que suporán achegas próximas ós 600 mi euros que permitirán a creación ou mantemento de postos de traballo.
As axudas á contratación de novo persoal financian o 70 por cento dos custos laborais incluíndo o salario e a seguridade social durante un período máximo de doce meses. O contrato deberá formalizarse por unha duración mínima de 6 meses e o importe concedido está vinculado ó período subvencionable dentro da anualidade 2023, cun máximo de 15 mil euros por doce meses.
No que respecta ó mantemento e consolidación dos cadros de persoal, a Deputación financia o 50 por cento dos custes estimados cun límite de 11 meses polo mantemento durante 12 meses dun contrato indefinido a xornada completa. En total, a Deputación investirá cinco millóns e medio de euros neste programa que mellorará a situación e estabilidade laboral de 544 persoas: 326 serán novas contratacións mentres que o resto, 218, consolidarán o seu posto de traballo cun contrato indefinido.