O polígono empresarial de Te acollerá máis de sesenta empresas

    parqueempresarialte_160409.jpgRIANXO> Responsables de Infoinvest e a SEA visitaron as obras de urbanización do futuro parque, que veñen de iniciarse hai uns días.

    Ademáis de Pedro Piñeiro e Felipe Ordoñez, na comitiva que se achegou para inspeccionar os traballos de urbanización do polígono de Te estiveron o presidente de Infoinvest, Juan José Puerta e o conselleiro delegado da sociedade de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA),  Jesús Martín-Consuegra. Esta sociedade, participada polo Goberno central, a Xunta de Galicia e o concello de Rianxo é a encargada da xestión do polígono.

    O novo recinto empresarial, que contará cunha superficie industrial disponible de pouco máis de 200 mil metros cadrados virá a solucionar a carencia de solo industrial que dende hai anos existe en Rianxo.

    {flowplayer}barbanza/parqueempresarialte.flv{/flowplayer}

    Máis de sesenta empresas da comarca cursaron xa a solicitude para poder adquirir unha das parcelas do novo parque empresarial. Máis da metade destas peticións veñen de empresas xa constituidas pero que piden un traslado ao futuro recinto. A urbanización do polígono de Te está orzamentada en máis de dez millóns de euros.

    O recinto contará cun acceso directo ao enlace da autovía de entrada e saída de Rianxo. O proceso de adxudicación de parcelas aínda non está aberta, pero os responsables da empresa xestora xa anunciaron que primarán aquelas actividades que xeneren o maior número de empregos. Está previsto que a urbanización deste parque empresarial esté rematada a finais de 2009.

    Redacción Barbanza