RIBEIRA> A delegada territorial da Xunta na Coruña visitou o CEIP O Grupo para supervisar as obras de reparación da caldeira e substitución do falso teito que se acometeron no centro.
{flowplayer}barbanza/visitadelegadamelloraseducativas.flv{/flowplayer}
Acompañada polo alcalde, a concelleira de educación e responsables do centro, a delegada territorial percorreu as instalacións recentemente remodeladas. Entre elas, catro aulas nas que se substituíu o falso teito ou so sistema de calefacción.
Ademais das obras xa realizadas, os responsables do centro e do concello trasladáronlle as necesidades pendentes como a reparación do tellado que presenta unha serie de deficiencias. Unha actuación que o seu departamento vai estudar co obxectivo de poder acometela tanto antes.
Outras actuacións
Na súa visita a Ribeira a delegada desprazouse tamén ata o colexio de Olveira onde se vén de reparar a rede de fontanería e o IES Número 1 no que proximamente se iniciarán os traballos de substitución da cuberta.
Todas estas obras enmárcase no paquete de actuación de mantemento previsto pola xefatura territorial, no cal se destinaron máis de cento cincuenta mil euros para once centros dos concellos do Barbanza e Muros Noia.
Redacción Barbanza