Os veciños de Matosinhos piden ó concello unha solución ás inundacións

    VILAGARCÍA> Estes veciños de Vilagarcía piden ó concello inclúa unha partida económica nos orzamentos do 2011 para arranxar o problema.

    {flowplayer}images/salnes/VECINOS_MATOSINHOS_INUNDACIONS.flv{/flowplayer}
     
    Os veciños desta avenida, fartos das inundacións que padecen cada vez que chove, presentaron no Rexistro de Entrada do Concello de Vilagarcía 188 sinaturas. Ademais, este documento foi acompañado por unha petición de xuntanza coa alcaldesa para que autoricen o inicio das obras xa que aínda están a agardar que lles contesten á chamada que lle fixeron fai tres semanas.
     
    Afirman están fartos desta situación que está a afectar non só a veciños senón tamén ós locais, ós colexios da zona e á Gardería Municipal. Estas veciñas aseguran que levan desde fai anos sufrindo estas inundacións, sobre todo durante o inverno.
     
    Consideran que a solución débese a que as tubaxes teñen un diámetro insuficiente. Problema que se vai agravar coa apertura da nova rúa no Bosque dos Desamparados.
     
    Ante esta situación, estes veciños contan co apoio de Esquerda Unida. Agardan que se inclúa unha partida económica nos orzamentos do 2011 e que se inclúa na orde do día do pleno da próxima semana.
     
    Outro problema que consideran prioritario é a rede de augas fecais xa que aseguran a tubaxe non vai ser quen de absorber os vertidos que se fagan desde as vivendas novas.
     
     
    Redacción Salnés