Multitudinaria XXII edición da Festa dos Callos de Meis

    festa_calloscopy.jpgMEIS> Segundo a organización, na que colaboraron cincuenta persoas, nesta ocasión repartiron unhas cinco mil racións.

    {flowplayer}images/salnes/FESTA_CALLOS_MEIS.flv{/flowplayer}

    Onte o Mosteiro converteuse na cita gastronómica por excelencia da comarca do Salnés. Miles de persoas, procedentes dos arredores e de toda Galicia déronse cita nesta vila do concello de Meis, para participar na vixésimo segunda Festa do Callos. Unha celebración que nunca falla no programa das Festas de San Bieito. Este ano, segundo a organización, repartiron do redor de cinco mil racións.

    E é que nin o bo tempo nin o feito de estar no verán impide que cada ano esta praza do Mosteiro se encha de comensais dispostos a degustalos callos.

    Pero o éxito desta festa provén sobre todo do esforzo que cada ano fai a organización para que estea todo a punto para o día da degustación. Nesta ocasión, unhas cincuenta persoas traballaron arreo para obter este resultado.

    Mentres isto acontecía o domingo, o sábado, Sergio Álvarez Conde, porteiro do Celta de Vigo, deu lectura ó pregón das festas. Este puxo de relevo non só a boa elaboración dos callos senón tamén o traballo da organización.

     

    Redacción Salnés