A hostalería pide aumentar a ocupación dos locais xa que os clientes ‘presentan certificados de vacinación ou PCR negativas’

VILAGARCÍA> Os locais hostaleiros que se atopan nos niveis alto ou máximo de restricións sufriron numerosas cancelacións durante a fin de semana polas novas restricións. O certificado de vacinación e as probas requiridas imposibilitaron que moitas familias puidesen acceder aos establecementos. Dende o sector consideran que as normas continúan sendo desproporcionais.

Os locais hostaleiros de nivel alto ou máximo puideron reabrir esta fin de semana as súas portas. Fixérono cunhas medidas que permitían unha capacidade de ocupación das terrazas nun 50% e nun 50 ou 30% no interior, segundo o nivel. Pero a gran novidade foi o requisito presentar o certificado de vacinación ou unha proba negativa. Uns requisitos que provocaron a cancelación de moitas reservas.

A pesar do mal estar de moitos establecementos, Feijoo explica que é unha medida vital para que sigan traballando e que é petición da propia hostalería.

Os hostaleiro tampouco entenden as limitacións de ocupación tan estritas cando a xente que pode acceder aos locais demostran que están sans.

Dende o sector sinalan que xa demostraron que os seus locais son seguros e piden poder traballar con normalidade.

As medidas tamén chegaron ás rúas con división de opinións.

A reapertura dos locais é vital para o sector nesta época do ano. A visita de turistas e a busca de lugares menos masificados, favorece que a hostalería do Salnés aumente a súa demanda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí