Ingresan no cárcere os cinco detidos na ‘Operación Lince’

    operacion_lince copia.jpgSALNÉS> Entres os catro arrestados no Salnés está  o xerente da empresa á que se sospeira se dirixía a droga. Acúsaselles dun delicto contra a saúde pública.

    {flowplayer}images/salnes/CARCERE_OPERACION_LINCE.flv{/flowplayer}

    Despois de prestar declaración durante todo o día de onte, a xuíza encargada do caso decretaba o ingreso en prisión sen fianza dos detidos. Os cinco homes, catro deles veciños do Salnés, foron sinalados pola Operación Lince pola súa suposta relación co alixo de 550 quilogramos de cocaína interceptado no porto de Marín. Garda Civil, Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira localizaban o pasado mércores 513 fardos de cocaína, ocultos nun contedor baixo unha carga de peixe.

    A droga provería de Guayaquil, en Ecuador, e é probable que se dirixira cara a sede do cocedoiro “Mar de Aonesa”, en Ribadumia. A pesares das redadas do venres pasado, a operación continúa aberta e non se descarta que se realicen novas detencións nos próximos días, polo que a xuíza decretou segreto de sumario.

    Redacción Salnés