A Asociación de veciños Fonte da Coca reclaman medidas para evitar as inundacións na rúa Coca

VILAGARCÍA> A Asociación de Veciños Fonte da Coca denuncia as continuas inundacións que se producen na rúa Río do Con. A agrupación leva xa cinco escritos ao concello sen obter ningunha resposta. Esixen medidas que velen pola seguridade dos veciños.

Os veciños da Fonte da Coca levan dous anos reclamando diferentes melloras na súa zona. Neste tempo escribiron ao concello 5 escritos. O último tivo lugar estes días. Entre as súas reclamacións atópase a construción dunha canalización que evite as inundacións na rúa Río do Con.

Dende o verán, as intensas chuvias provocan inundacións na zona que, segundo a Asociación, poden alcanzar o metro de altura. Cando isto sucede os veciños quedan practicamente incomunicados.

Ademais de esta nova reclamación, os veciños manteñen as antigas demandas.

Dende a asociación aseguran que, se o concello non toman medidas, asistirán a un pleno para que quede constancias das súas reclamacións na acta da sesión correspondente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí