Rubiáns acusa ó concello de ‘desprezo’ e desprotección ante os ladróns

    VILAGARCÍA> Anos sufrindo roubos continuados. O último esta noite. A asociación de veciños de Rubiáns asegura estar xa farta de padecer os continuos saqueos dos ladróns sen que desde o concello se faga nada. Pediron en reiteradas ocasións que executara pequenas melloras no centro cultura para evitar a entrada dos cacos, pero aseguran que desde o goberno de Fole non lles fixeron nin caso. Do roubo de onte xa apareceu unha testemuña. Entraron sobre as cinco da mañá, tres mozos, un deles vestido unha sudadeira con carapucha branca. Accederían ó Centro Cultura de Rubiáns pola parte traseira e de alí, saltaron cara igrexa onde supostamente terían o vehículo para cargar os efectos roubados. É o relato realizado por unha rapaz que vive en fronte á instalación e que se poñía en contacto cos membros da asociación de veciños este mediodía, despois de que remataran a rolda de prensa na que denunciaron os continuos saqueos que veñen sufrindo desde hai tres anos. Porque o desta noite é o sexto. Segundo o mozo, cando oíu os ruídos que o espertaron ás cinco da mañá un vehículo marca Renault Laguna de cor negra estaba roldando a zona, como vixiando, segundo Xurxo Abuín, presidente da Asociación de Veciños, mentres os supostos cacos cometían a fechoría. Ó parecer, cando o rapaz veu saltar ó da carapucha, comezou a berrar, e os presuntos ladróns escaparían. Para os veciños da asociación de Rubiáns esta é unha mostra más da desprotección que sofren as instalacións. Unha situación da que responsabilizan ó concello de Vilagarcía. Aseguran que no antepenúltimo roubo chamou á policía local e se lle dixo que a patrulla estaba ocupada noutro servizo, que agardara a que rematara, e di, Xurxo Abuín, que aínda está esperando a que cheguen. Si mantiveron unha reunión coa edil Rocío Llovo, na que lle expresaron a gran perda que lles supón un roubo por pequeno que sexa, xa que as posibilidades económicas do colectivo son reducidas. Desa volta enviaron a un carpinteiro que fixo un apaño na porta blindada do despacho. Remendo que xa foi rebentado polos cacos. Solicitaron desde a Asociación que nesa habitación lles fixeran un armario para gardar o vestiario do grupo folclórico O Souto, elemento de gran valor. Xurxo Abuín asegura que incluso chegou a deseñar co carpinteiro o armario en cuestión, cun custo reducido. O goberno local non o aprobou. Abuín lamenta ter que estar buscando cartos debaixo das pedras para dotar de contidos culturais a esta instalación, pero máis grave lle parece a actitude que segundo el está a manter o goberno de TomásFole, de ‘desprezo’, di, para o pobo de Rubiáns. Esta mañá a Policía Nacional si acudiu á zona para tomar pegadas e indicios co que investigar o caso. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/09/rouborubians.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/09/ROUBOS_RUBIANS.mp4{/flowplayer}