Volven os microconcertos na rúa do Festival Varietés

    VILAGARCÍA> Sétima edición do Varietés de Vilagarcía. Todos os xoves e venres do mes de xuño a música e a festa trasládase ás rúas da capital arousá. O microfesitval volve cunha programación variada e con diferentes estilos, aptos iso si para todos os públicos e para facilitar a convivencia entre o ocio e o descanso. Se o groso da programación festiva do concello de Vilagarcía desenvólvese a partires do mes de xullo, o Festival Varietés regresa por sétimo ano para encher de música as rúas da capital arousá durante xuño. Os concertos serán todos os xoves e venres, a partires das 9 e media e as 10 e media da noite respectivamente. En total, doce datas para gozar da música en directo en plena rúa. Un ano máis, o concello apoia esta iniciativa, que naceu entre os hostaleiros da rúa Méndez Núñez. Destacou, ademais, que se trata dun excelente exemplo de convivencia. Este mesmo xoves o Varietés arrinca coa actuación de The Soul Breakers, a partires das 9 e media da noite na rúa Méndez Núñez.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí