O magazine “Verán, verán” de CANALRIASBAIXAS chegará este verán ás pantallas con novo equipo

    Xa van doce anos de “Verán, verán”, o programa que CANALRIASBAIXAS realiza dende Sanxenxo e que supón un esforzo de producción…

    FOTO 030_1.jpg…para outras 8 televisións locais independentes: Televigo, Dez Tv, Canal Tea, Tv Ferrol, Televinte, A7 Lugo, Correo Tv… Despois de 12 anos asomándose á pequena pantalla “Verán, verán” conserva a frescura do primeiro día, eso si, con novas armas e máis experiencia.

    Verán Verán sempre sorprende, cada ano as labores de presentación do programa corren a cargo dunha cara coñecida por todos, Kin LLorca, Sonia López, Fidel Fernán, Xacobo Pérez, María José Paratcha, Bibiana Villaverde que aportan a súa personalidade e o seu sentido do humor os programas que cada tempada estival nos acompañan percorrendo Galicia. Esta aposta de CANALRIASBAIXAS apóiase en tres pilares básicos, as reportaxes, as entrevistas e a música. As reportaxes nos permiten viaxar por toda Galicia sen moFOTO 033_1.jpgvernos do sofá de casa. Grazas ás televisións locais independentes que colaboran con CANALRIASBAIXAS  podemos achegarnos a un sinfín de actividades nas máis importantes cidades de Galicia. Os invitados tamén son unha peza clave desta aventura. O Hotel Augusta Spa Resort de Sanxenxo sirve de marco para as entrevistas que cada semana podemos ver en “Verán, Verán”.

    E por último, a música. As promesas e os grupos punteiros de Galicia estarán en “Verán, Verán”. A Deputación de Pontevedra, concello de Sanxenxo, bodegas Martín Códax e o Hotel Augusta Spa Resort de Sanxenxo entre outros patrocinan  “Verán, Verán”.

    veranveran@canalriasbaixas.com