![]()
CALDAS> O festival de música será o venres día 10 e o sábado 11 e contará coa actuación dunha ducia de grupos de relevancia nacional e internacional.
Cultura Quente resiste á crise e vaise celebrar este ano ó mesmo nivel de calidade que nas edicións anteriores. Así o confirmou hoxe a organización do evento.
Cultura Quente destaca pola música pero tamén inclúe outras actividades culturais como a literatura, a arte gráfica, os xogos populares, actividades na natureza e curtametraxes. Este ano vanse incluír actividades deportivas que se van celebrar a partires do 13 de xullo. O obxectivo é facer de Caldas un punto de referencia ata onde se acheguen visitantes de toda Galicia.
O venres 10 e o sábado 11 celebraranse os concertos no escenario habilitado na Carballeira. O sábado actuarán os grupos New York Dolls, Vive la fete, Kap Bambino, Jeff Automatic, Las Coronas e Arizona Baby. Xa o sábado haberá grupos que están a crear tendencia en Europa e América. Entre eles The Wedding Presents, General Electrics, Lagartija Nick, Zahara, Atomic Garden, Homeboy DJ e o grupo caldense Igloo. En total vanse investir 113.000 euros que se poden aumentar si a Xunta colabora coa organización do evento.
Dende hoxe xa está en funcionamento a páxina web de Cultura Quente (www.culturaquente.com) onde aparece toda a información sobre os concertos e as actividades programadas pola concellería de Cultura, do 28 de xuño ó 17 de xullo. Case un mes de festa e ledicia para Caldas.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/230609_cultura_quente.flv{/flowplayer}








