VILANOVA> Os emprendedores teñen o seu espazo en Vilanova de Arousa. O Pazo Vista Real acolle un coworking centrado en proxectos dos sectores do turismo e da alimentación. Están a preparar xa a súa segunda edición, tras unha primeira máis que exitosa. Nós falamos con algúns destes emprendedores, que viron como as súas ideas collían forma grazas a esta iniciativa do IGAPE.
O coworking de Vilanova de Arousa prepara a súa segunda edición. Faino despois dos éxitos acadados durante a primeira, valorada moi positivamente polos emprendedores que pasaron por Vista Real.
Durante os cinco meses que dura a iniciativa, reciben a formación e a orientación que precisan. As clases grupais para coñecer máis as ferramentas a empregar, combínanse con horas de titorización, centradas especificamente no seu proxecto.
E é que a intención é dar forma a esas ideas que bulen na cabeza dos emprendedores. De feito, moitos ven nacer aquí as súas empresas.
Esta iniciativa nada da colaboración entre a Escola de Organización Industrial e o Instituto Galego de Promoción Económica prepara a súa segunda edición. Se tes unha idea e queres levala adiante, podes contactar con este coworking a través do concello de Vilanova de Arousa.