Sabariz recoñece irregularidades nas obras da súa casa pero négase a dimitir

    SALNÉS> Luis Ángel Sabariz recoñeceu onte en Canal Rías Baixas a comisión de irregularidades na construción da súa vivenda, que non solicitou tampouco licenza de primeira ocupación para entrar a vivir nela, pero que se tratou de prácticas que ‘non prexudicaron a ninguén’ nin realizou valéndose do seu cargo como edil de Urbanismo. O concelleiro de Agrupación Cidadá de Pontecesures reproduciu así os argumentos cos que se defendía o luns no pleno ante a moción presentada polo equipo de goberno. Equipo que aprobou reprobar a Sabariz. O edil de Agrupación Cidadá de Pontecesures reproduciu onte en Pleno Aberto un a un os argumentos nos que basou a súa defensa o luns. Ese día, o tripartito integrado por BNG, PSOE e TEGA levou a pleno unha moción solicitando a reprobación de Luis Ángel Sabariz pola comisión de supostas irregularidades urbanísticas na construción da súa vivenda. Acusábano de ter solicitado licenza para un edificio plurifamiliar cando en realidade fixo unha casa unifamiliar, contrariando as Normas Subsidiarias daquel momento. Sabariz recoñeceu as acusacións, pero tratou de enmendalas. Esa importancia é que o Plan Xeral de Ordenación Municipal se aprobou no ano 2003, e ne que, segundo Sabariz, si está permitida a construción deste tipo de vivendas na zona. No tocante á acusación por non ter licenza de primeira ocupación, punto polo que se desatou o conflito a principios deste ano, o edil de Agrupación Cidadá recoñeceu que non a solicitou ‘porque naquel entón ningún veciño o facía’. E el foi un máis. Ademais de aprobar a súa reprobación en solitario, o grupo de goberno local insistiu no pleno do luns en pedir a dimisión de Sabariz alegando que se ben as irregularidades urbanísticas denunciadas xa prescribiron, non acontece o mesmo coas responsabilidade políticas. Como na sesión plenaria, Sabariz apelou onte á súa longa traxectoria como concelleiro para sentar que el non vai marchar ‘pola porta de atrás’. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/27/SABARIZPLENO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/27/REPROBACION_SABARIZ_PONTECESURES.mp4 {/flowplayer}