![]()
VILAGARCÍA> Ademais, consideran que a abstención de IVIL no pleno extradiodinario responde a un acordo entre goberno local e Rivera Mallo.
{flowplayer}images/salnes/IU_VILAGARCIA_URBANISMO.flv{/flowplayer}
Fai uns días Esquerda Unidade de Vilagarcía tivo coñecemento que na acta do Consello de Xerencia de Urbanismo do día 21 de setembro constaban que o seu partido votara en contra a cada un dos puntos que se recollían no día. Hoxe quixeron aclarar que o seu voto só era un voto xenérico á acción do Consello.
Un voto en contra xa que consideran que non teñen o tempo suficiente para valorar os puntos que se van tratar en cada Consello e consideran que este acto foi feito por parte do concello a mala fé, xa que eles deixaran clara a súa postura ó respecto. Ante esta situación, no consello que se celebrou onte, no lugar de votar decidiron absterse da votación.
Con respecto ó pleno extraordinario que se celebrou o pasado luns consideran que a abstención de IVIL non responde máis que a un acordo entre o goberno local e Rivera Mallo. Piden explicacións ó concello para que aclaren a situación e para que a cidadanía estea informada do que acontece dentro do concello.
Ademais, o vindeiro venres farán unha concentración diante do ambulatorio de Vilagarcía para solicitar melloras na sanidade pública da localidade.
Redacción Salnés









