O As 9 na praia presenta a súa edición ‘máis cañeira’

VILAGARCIA> As nove na praia presenta a súa edición máis cañeira. Os grupos que actuarán este ano en Vilagarcía destacan pola súa música rock e polo jazz. Nesta edición ademais o festival homenaxeará á duendeneta polo seu décimo aniversario.

Ás nove na praia, o evento de música en directo que se realiza na praia da Concha de Vilagarcía, celebrará este verán a súa duodécima edición. Tras subsistir durante a pandemia con edicións especiais, o festival chega este ano cun cartel no que predominan o rock e o jazz.

O festival alterna cada día a grupos e djs. Entre os grupos destacan formacións como As Antonias.

Outro grupo destacado é Aamigafea. Unha formación que só realizará este concerto en Galicia.

O cartel dos grupos complétase con Blues do País, Mallou e os locais TNT Band e Gramola. As bandas alternaranse cada día cos DJs, que este ano e en homenaxe aos 10 anos da duendeneta serán todos residentes ou antigos djs da discoteca móbil. Ademais o último día, haberá un concerto especial.

Dende o concello destacan o gran nivel deste festival que atrae a persoas de toda Galicia e que ten unha gran importancia para a vila.

As nove na praia celebrarase dende o 21 de xullo ao 3 de agosto. O evento realizarase con total normalidade e sen limitacións, no caso de que se completen os asentos, os asistentes poderán pedir unha esterilla ou un coxín para acomodarse na praia como en edicións anteriores á pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí