Cativos do colexio da Escardia celebran o Día da Biblioteca

    foto_biblioteca_vilagarcia_100.jpgVILAGARCÍA> “Debuxando nunha caixa de luz” é o nome da actividade na que participaron. Ten como fin o fomento da lectura nas idades máis temperás.

    {flowplayer}images/salnes/biblioteca_vilagarcia{flowplayer}

    A Sala Infantil da Biblioteca do Auditorio de Vilagarcía de Arousa acolleu  un grupo de nenos e nenas de primeiro de Primaria, da Escardia. O vindeiro día vinte e catro, é o Día da Biblioteca e cadra en domingo, por iso, esta mañá realizaron un obradoiro chamado “Debuxando nunha caixa de luz”, enmarcado dentro do programa Letras Vivas, patrocinado pola Consellería de Cultura e Turismo. A finalidade é difundir a lectura.

     A ilustradora e conta- contos Marisa Irima, explicou aos cativos os detalles da súa profesión e propúxolles facer de ilustradores e debuxar cadansúa portada dun conto. As preferencias dos cativos estaban claras: vampiros, pantasmas, monstros e castillos encantados. Aínda que sempre hai alguén disposto a saír da marxe e impoñer a súa personalidade elixindo os contos e debuxos de princesas.

    Dende a experiencia de Marisa Irima, este tipo de obradoiros conseguen o seu obxectivo, achegando aos pequenos ás bibliotecas de deixando neles un bo recordo, que lles fará ter agarimo ás bibliotecas.

     O vindeiro domingo vinte e catro, celébrase o Día da Biblioteca… un día ideal, para visitar algunha e convivir cas historias marabillosas que podemos atopar nos libros e contos amontoados en andeis e currunchos.

    Redacción Salnés.