A Xunta promete apoio ás empresas interesadas no polígono de Baión

    duran_industria100.jpgVILANOVA> Industria comprometeuse a buscarlle apoio económico ás empresas que queiran instalarse no polígono de Baión.

    {flowplayer}images/salnes/DURAN_INDUSTRIA.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> O conselleiro de Industria, Javier Guerra, comprometeuse a buscarlle apoio económico ás empresas que queiran instalarse no polígono industrial de Baión.

    O alcalde e mailo edil de Industria de Vilanova reuníronse esta mañá co conselleiro en Santiago para transmitirlle as inquedanzas das firmas interesadas. Segundo sinalan, as entidades bancarias son reazas a avalar operacións deste tipo.

    O goberno local volveu satisfeito desta xuntanza con Javier Guerra xa que lles ofreceu unha vontade firme de apoiar ás empresas. Estas teñen de prazo ata o día 15 para presentar as súas ofertas e a axuda desde o IGAPE podería sufragar ata o 50 por cento do proxecto.

    Na xuntanza de hoxe, o conselleiro tamén comprometeu o seu apoio ó Concello para a celebración das feiras de comercio do verán e do Nadal. Falouse ademais da nova praza de abastos e da implantación de novas tecnoloxías.

    Redacción Salnés