Ana Pontón: ‘ A Xunta volve a evidenciar un maltrato co Barbanza e Muros-Noia’

    bngorzamentosxunta2011.jpgBARBANZA> Os nacionalistas botan en falla actuacións estratéxicas que axuden a paliar a situación de crise actual.

    {flowplayer}barbanza/bngorzamentosxunta2011.flv{/flowplayer}

    A deputada nacionalista, Ana Pontón, calificou estes orzamentos coma os que peor tratan ó Barbanza na súa historia. Segundo ela o investimento destinado a esta comarca ascende á irrisoria cifra dun millón de euros, botándose en falla actuacións importantes como é o caso da construcción do polígono comarcal.

    Partidas insufiecientes

    No tocante á comarca de Muros—Noia, os nacionalistas tamén son moi críticos, considerando que as partidas recollidas no documento destínanse a obras xa en marcha e as que aparecen son insuficientes, como é o caso do investimento previsto para o desdobramento da Vía de altas prestacións Brión-Noia.

    Ós nacionalistas preocúpalles tamén que os orzamentos non recollan nin un só investimento no ámbito das políticas sociais, que non se faga unha aposta polo saneamento da ría ou que non se teñan en conta as carencias de chan industrial.

    Presentación emendas

    Para tratar de correxir o maltrato que sufren estas dúas comarcas, o BNG presentará diversas emendas ós presupostos da Xunta para o vindeiro ano.

    Redacción Barbanza