VILAGARCIA> Vilagarcía continúa co plan de asfaltados e presenta as actuacións que se levarán a cabo en cinco novos camiños. Tras falalo coas asociacións de veciños, as intervencións realizaranse en Cornazo, Zamar e Guillán. O investimento será de 240 mil euros.
O concello de Vilagarcía ven desenvolvendo dende hai anos o plan de asfaltados. Un programa mediante o cal se reforman e se melloran diferentes camiños rurais. Neste primeiro semestre do 2022, actuarase en cinco camiños de Cornazo, Zamar e Guillán.
A actuación desenvolveranse en 2 quilómetros de camiños e terá un custo de 240 mil euros.
Dende o concello tamén quixeron matizar o alto custo da intervención, explicando que o asfaltado complementarase con melloras nesas zonas.
As obras serán financiadas co plan concellos da Deputación de Pontevedra. O concello xa está en conversas con máis asociacións veciñais para escoller os vindeiros camiños onde se actuará.