Os barbanzáns apoian o endurecemento da lei antitabaco

    leiantitabaco.jpgBARBANZA> A aprobación da nova lei antitabaco no Congreso suporá a ampliación da restrición de fumar a tódolos locais hostaleiros e de ocio.

    {flowplayer}barbanza/leiantitabaco.flv{/flowplayer}

    Aínda que a nova lei non entrará en vigor ata o dous de xaneiro do próximo ano, a súa aprobación inicial no Congreso dos Deputados xerou unha importante polémica. A norma, moito máis restrictiva que a aprobada a finais de 2005, extende a prohibición a tódolos bares, cafeterías e locais de ocio.

    Precisamente este é dos puntos máis controvertidos posto que non contempla indemnizacións para os establecementos que tiveron que realizar reformas segundo a anterior lei para habilitar espazos sen fume.

    Espazos sen fume

    Mantense tamén a restrición nos centros de traballo e amplíase no caso das inmedacións dos hospitais e centros sanitarios. O veto afectará tamén ós parques infantís e patios dos centros educativos. A excepción son as residencias da terceira idade, centros pisquiátricos e cárceres onde si se habilitará unha sala especial para fumadores.

    Co endurecemento da normativa, o goberno prevé unha importante redución do número de fumadores que se traducirá nunha rebaixa do gasto sanitario. Os que opten por deixar o hábito dispoñen aínda de dous meses para intentalo, xa que a lei non entra en vigor ata o dous de xaneiro de 2011.

    Sancións

    En caso contrario, deberán absterse de fumar nas zonas prohibidas ou enfrontarse a sancións que van dende os trinta ós seiscentos mil euros, no caso das infracións máis graves.

    Redacción Barbanza