Ferido grave ó empotrarse co seu vehículo contra unha furgoneta

    accidentepalmeira.jpgRIBEIRA> No accidente, que tiña lugar este mediodía na Avenida da Paz, foi necesaria a intervención dos equipos de excarceración.

    {flowplayer}barbanza/accidentepalmeira.flv{/flowplayer}

    O accidente producíase ó redor da unha do mediodía. Os bombeiros dos parques de Ribeira e Boiro acudían a unha chamada do Servizo de Emerxencias do 112, que daba conta dun accidente de circulación na Avenida da Paz, no acceso á autovía do Barbanza por Palmeira e que facía precisa a excarceración dunha persoa. O accidentado, veciño de Vigo e que responde ás iniciais A.P.B., presentaba diversos traumatismos polo que tivo que ser trasladado en ambulancia ó hospital do Barbanza.

    Colisión frontal

    Por causas que se descoñecen o condutor deste vehículo, un Volswagen Polo de cor vermello , invadiu o carril contrario, colisionando frontalmente cunha furgoneta de Conservación de Estradas da propia Autovía do Barbanza, que non puido facer nada por esquivalo. O condutor desta última, que resultou ileso, non se explicaba as razóns que provocaron o choque.

    Equipos de emerxencias

    Ata o lugar do sinistro, ademais dos bombeiros, achegáronse membros da agrupación de voluntarios de Protección Civil e Policía Local de Ribeira, así como tamén unha dotación da Garda Civil de Tráfico, encargada de realizar o correspondente atestado. A consecuecia da colisión, a circulación na estrada estivo restrinxida a un carril, durante os labores de retirada dos vehículos e limpeza do firme.

    Redacción Barbanza