POBRA> A actuación, cun investimento de preto dos 120 mil euros, irá con cargo a unha subvención da consellería de Industria e Comercioara, e virá a mellorar a estética interior do edificio. O executivo pobrense acometerá o próximo ano unha nova mellora no mercado municipal que permitirá subsanar varias deficiencias no interior do edificio. A actuación, cu investimento de preto dos 120 mil euros, irá con cargo a unha subvención da consellería de Industria e Comercio. A Xunta asumirá o 80% do custe das obras, mentres que o concello deberá asumir o 20% restante. Segundo informou o alcalde, Isaac Maceiras, un informe elaborado polos propios técnicos municipais detectou diversas carencias que afectan, especialmente, ós revestimentos interiores, tanto no solo como nas paredes debido fundamentalmente ás humidades. Tamén se prevé a instalación de nebulizadores na zona de peixe. Segundo explicou o propio rexedor local os traballos poderían iniciarse xa a finais de abril. Ademais para evitar molestias ós propios praceiros, e que estes poidan continuar coa súa actividade habitual, está previsto que as obras se desenvolvan polas tardes. Dende o concello pobrense destacaron a importancia destas obras de cara a seguir mantendo as instalacións nas mellores condicións posibles, así como mellorar a súa funcionalidade, ó tratarse dun dos eixos vertebradores do comercio, e, por conseguinte, da economía local. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/30/mellorasprazapobra301213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/30/mellorasprazapobra301213.mp4{/flowplayer}
Inicio Barbanza - Muros - Noia









