Aragunde comprométese coa Protectora de Animais

    aragunde_canceira copia100.jpgCAMBADOS> O concello financiará varias obras de mellora, e colaborará na recadación para futuros envíos de cans a Holanda.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_CANCEIRA.flv{/flowplayer}

    Aumentar o número de gaiolas, construír un galpón para bañar ós cans, mudar as portas actuais e instalar un circuíto de cámaras de seguridade para vixiar o recinto da protectora, son algunhas das actuacións que o concello de Cambados levará a cabo na canceira.

    A exportación de cans a Holanda tamén é outra das actuacións que,segundo Aragunde, contará co apoio do concello cambadés. A primeira delas, que incluirá a 24 cans e que correrá a cargo de tres voluntarios grovenses, realizarase o próximo 8 de novembro. A protectora, que cumprirá o mes que ven 12 anos, recibiu así a primeira visita do alcalde, coa que Aragunde sae o paso das protestas de varios socios da protectora pola falta de compromiso do concello co albergue.

    Olga Costa, que está inmersa en varias campañas de recadación de fondos para costear as viaxes dos cans a Holanda, tamén anunciou hoxe que a directiva da canceira de Cambados presentará un proxecto para facerse cargo da xestión da agardada Protectora da Mancomunidade do Salnés, para a que aínda non existe data de inauguración.

    Redacción Salnés