RIBADUMIA> Como era de agardar a celebración, dentro das posibilidade dada a situación sanitaria, foi máxima tanto para o equipo como para a vila. A ilusión desborda xa unha Ribadumia que agarda o sorteo do vindeiro luns para coñecer ao rival de primeira división que visitará a Senra.
Desta forma celebrou o equipo do Ribadumia o pase á primeira rolda da copa do rei sobre o céspede do campo de fúltbol da Cuchía. Un feito único para un club con 61 anos de historia e que xogará por primeira vez a copa do rei.
Dende o Ribadumia agardan con ilusión que a federación de o visto bo ao campo e que un club de primeira división visite a Senra. Tanto para a vila como para o equipo é un sono feito realidade.
O sorteo terá lugar o vindeiro luns 16 as 13 horas. Dende o club teñen claro cal é a súa preferencia e cal é o rival ao que non queren enfrontarse.
O 16 de decembro será o día en que Ribadumia vivirá a súa noite histórica, e quen sabe, quizais non sexa última.