![]()
CAMBADOS> A cooperativa vitivinícola cambadesa Martín Códax cumpre 25 anos desde a súa fundación. Para celebrar esta efeméride, este sábado…
{flowplayer}images/salnes/martin_codax_25102010.flv{/flowplayer}
… organizaron un xantar de confraternidade no que homenaxearon ó medio cento de socios fundadores da Sociedade Agraria de Transformación, o que foi o xermolo da actual Sociedade Cooperativa Galega Martín Códax. Neste acto tamén se distinguiu a labor do Presidente Galego, Alberto Núñez Feijóo, ó que nomearon amigo de honra desta adega.
O mandatario galego correspondeu pedindo ó goberno central unha normativa que protexa ós viños albariños galegos amparados pola Denominación de Orixe. Esta comida foi tamén un momento de reflexión e celebración logo da abondosa vendima que ven de rematar,na que se recolleron uns 4,8 millóns de quilos de uva, o que supón o 15 % do total da producción da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Redacción Salnés








