Sanxenxo na ría: nova gastronomía para atraer ó turismo

     SANXENXO> A gastronomía é un dos alicientes máis importantes á hora de que os turistas se decanten a visitar os Concellos das Rías Baixas.

    {flowplayer}images/salnes/sanxenxo_na_ria.flv{/flowplayer}

    Conscientes da importancia desta cualidade á hora de escoller o destino turístico para o tempo de lecer, nesta ponte do primeiro de maio, Turismo de Sanxenxo puxo en marcha a iniciativa Sanxenxo na Ría; unha xeira de degustacións de productos do mar procedentes da lonxa local a un prezo vantaxoso, de ata o 20 % menos.

    Esta iniciativa prolongarase ata o vindeiro domingo día 5, e neste xoves a propia Conselleira do Mar non quixo faltar á presentación oficial do evento e degustar in situ as creacións gastronómicas que inclúe Sanxenxo na Ría. Nesta iniciativa participan unha ducia de establecementos de Portonovo e Sanxenxo, que seguirán tendo ó longo do ano estes pratos no seu menú; o que se converte nunha escusa máis para visitar a capital turística das Rías Baixas.

    Parellas a estas degustacións, aptas para tódolos petos, a organización agasalla ós comensais cun acceso de balde ás visitas pola vila de Portonovo. Abondará con presentar o tiquet do restaurante nas oficinas de Turismo de Sanxenxo, sitas no porto Deportivo Juan Carlos I.

    Redacción Salnés