En xaneiro volverá a dispararse o prezo da luz

    O SALNÉS> O aninovo traerá consigo unha nova subida na tarifa da luz, do xeito que o subministro eléctrico incrementarase…

    {flowplayer}images/salnes/enquisas_luz_250912.flv{/flowplayer}

    … alomenos, un 8%.

    Esta suba é o resultado directo do prezo da electricidade nos mercados maioristas. O ascenso dos prezos podería ser maior se é que a industria segue adiante ca súa idea de repercutir o porcentaxe da nova taxa de xeración eléctrica que a eles lles impón a Comisión Nacional da Enerxía. Unha suba da luz que nas Rías Baixas acollen peor que mal.

    E é que os consumidores están fartos de tantas subas de impostos e de bens de consumo básico, especialmente da luz. De feito, no que vai de ano este ben sufriu un 11%. Nas mais das familias xa adoptaron medidas de aforro para intentar contrarrestar a cesta da compra dalgún xeito. Pola súa banda, o Goberno Central xa decidiu non aplicar ningún novo incremento ós impostos da tarifa eléctrica que repercuta no consumidor final.

    Con todo, o reaxuste tarifario dos últimos sete anos foi do 65 %, un encarecemento exorbitado moi por riba da inflación que suma este período que a penas pasa do 12 %.

    Redacción Salnés