O bo tempo retrasa a tempada dos cogomelos

    setas copia100.jpgSALNÉS> Os expertos aconsellan prudencia á hora de arriscarse a comer cogomelos que non sexan capaces de identificar.

    {flowplayer}images/salnes/TEMPADA_SETAS.flv{/flowplayer}

    Achégase novembro, e co mes comeza a tempada de recollida de cogomelos nos montes. Este ano a escaseza de choivas e as altas temperaturas non favorecen o crecemento destes fungos, polo que os expertos anuncian que a tempada comezará con retraso.

    A pesares da escaseza, os afeccionados á micoloxía xa comezaron a inspeccionar os montes na busca de cogomelos. Dende a asociación A Cantarela advirten da necesidade de coñecer ben as diferentes especies antes de arriscarse a comelas. Precisamente, onte un veciño de Sanxenxo falecía por unha intoxicación por cogomelos, un episodio que segundo os expertos se repite demasiado a miúdo.

    Boletus, cantarelus, macrolepiotas ou níscalos son os nomes de especies que debemos ter en mente para evitar problemas á hora de consumir cogomelos. Outras familias, como a manita, caracterízase pola perigosidade dalgúns dos seus exemplares. Por iso, o máis importante é a prudencia.

    A estas alturas, a asociación a Cantarela xa comezou cos preparativos do seu programa de actividades para a celebración do Outono Micolóxico que, a pesares da escaseza de cogomelos nos montes, non periga.

    Redacción Salnés