A vella factoría de Peña estrea novas instalacións

    fotosaloncopia.jpgCAMBADOS> O conselleiro de Industria, Javier Guerra e a Conselleira do Mar, Rosa Quintana inauguraron o salón de exposicións que ocupa a antiga factoría.

    {flowplayer}images/salnes/SALON_JOSE_PENA.flv{/flowplayer}

    Foi a mediados do século vinte cando o seu fundador abría as portas da hoxe tan coñecida Fábrica de Peña de Cambados. Agora, este espazo acolle o salón de exposicións José Peña, unhas instalacións totalmente renovadas dedicadas ó seu impulsor.

    Decenas de veciños participaron esta mañá na súa inauguración onde moitos se puideron ver reflectidos nas imaxes que se recollen no Museo da factoría. Este éxito non podería ser posible sen a labor realizada polos extraballadores ó longo do tempo que estivo en funcionamento.

    Por iso, non é só unha homenaxe ó seu fundador, tal e coma sinalaba o Conselleiro de Industria, Javier Guerra, senón tamén ás máis de 300 persoas que pasaron por estas instalacións.

     A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, pola súa banda, puxo en valor o traballo que están a desenvolver todos aqueles galegos que seguen traballando no mar contribuíndo a que non desapareza este sector.

    Redacción Salnés