CAMBADOS> Ás portas da Semana Santa, Martín Códax lanza a súa proposta enoturística para esta primavera. A adega reforza a súa oferta, con actividades pensadas para públicos amplos, autóctonos e visitantes. Inclúe visitas guiadas con catas de viños e produtos galegos e un paquete de experiencias nas que se vincula a viticultura coa tradición mariñeira e o marisqueo.
Martín Códax reafirma a súa aposta polo enoturismo. A adega ten lista a súa programación para esta primavera, coa vista posta na Semana Santa, unha campaña na que visitantes galegos e de fóra se interesan polas súas propostas. Un conxunto de actividades que permiten gozar dos seus viños, en contacto coas tradicións e patrimonio natural da zona.
Para iso, na adega teñen distintas ofertas, adaptadas aos intereses de cada un dos públicos. Caso, por exemplo, das visitas guiadas.
Na proposta salientan tamén as experiencias vinculadas ao territorio, coa cultura mariñeira da ría de Arousa como nexo de unión.
A estas propostas hai que sumar outra que se presta para plans improvisados: unha visita á terraza de Códax para gozar dun viño con maridaxe.
E con toda a campaña enoturística de primavera aínda por diante, na adega están a traballar xa no verán. Confirman que volverán Os Xoves, Os Seráns e as Tardes do Atlántico, pero para coñecer máis detalles aínda teremos que agardar un chisco máis.











