Traballadores de Baygar maniféstanse para impedir un ERE

    baygar100.jpgVILAGARCIA> Traballadores da Empresa Baygar de Vilagarcía concentráronse a última hora da tarde de hoxe á porta desta empresa…

    {flowplayer}images/salnes/concentracion_baygar_25102010.flv{/flowplayer}

    … de venda e alugueiro de materias de construcción. Pretenden impedir un ERE presentado pola empresa que suporá a extinción de 21 dos 56 postos de emprego cos que conta en Vilagarcía, principalmente de traballadores con decenas de anos ó servicio da empresa.

    No listado dos 21 descartes podemos encontrar, sobre todo, empregados que levan media vida traballando nesta empresa e cuxa avanzada idade lles impediría volver a integrarse con normalidade no mercado laboral. Ademais, nesta relación do ERE figuran aqueles que algunha vez reivindicaron os seus dereitos. Para estes traballadores, o rumbo da empresa ten un antes é un despois no falecemento do seu fundador. Unha vez que mudou o seu administrador as cousas foron empeorando de xeito progresivo ata a complicada situación que vive hoxe.

    Estes manifestantes advirten que de non acadar un entendemento ca empresa os seus actos reivindicativos multiplicaranse e poderían recrudecerse; polo que apelan á solidariedade da cidadanía e das autoridades nesta causa.

    Redacción Salnés