![]()
CAMBADOS> Esta pasada fin de semana houbo liga tanto nas competicións nacionais como nas galegas. O resultado máis destacado foi a victoria do Establecimientos Otero a domicilio ante o Club de Mar Coruña.
Difícil partido o que tivo que afrontar o Establecimientos Otero de Cambados na terceira xornada de liga en Primeira Nacional. O xoven conxunto coruñés do Club de Mar complicoulles a vida dende o inicio, sobre todo a partir da victoria de Javier Obelleiro sobre Adrián Vidal e de César Pérez sobre Fenando Padín, que colocaba un inquietante 2-1 para os locais.
Pero a solidez de Kazeem Ahmeed deulles azos ós seus compañeiros. Con dúas victorias parciais igualaba o choque e logo Padín e Vidal, moito máis concentrados, non erraban e gañaban comodamente os seus respectivos partidos. O final 2-4 no marcador, segunda victoria para os cambadeses que son cuartos na xeral.
O único que continúa invicto no grupo é o Liceo Casino de Vilagarcía que afiánzase coma líder. Esta fin de semana tivo un partido cómodo ante o último clasificado, o Gigia, ó que superou por un cointundente 6-0.
Unha división por debaixo, en Segunda Nacional, o Grupo Barros levouse a victoria no duelo local ante o Joyería Enrique ó que venceron por 1-5.
En Primeira División Galega o Chinelas acadou unha importante victoria ante o Ceibe Monforte por 4-3, un dos mellores conxuntos da categoría.
En Segunda rexional, o Charol Complementos tamén venceu desta volta ante o Monteporreiro e por outro axustado 4-3. Miguel Chaves e Paula Padín foron os artífices da victoria cambadesa ante o bo conxunto pontevedrés.
Redacción Salnés






