Durán agarda que as imaxes das súas cámaras sirvan para identificar aos culpables do atentado

VILANOVA> As cámaras da casa de Durán foron as que gravaron aos autores do atentado na súa casa. O alcalde vilanovés instalara os dispositivos debido aos continuos ataques que estaba recibindo. Os feitos aconteceron en Setembro cando dous individuos lanzaron un artefacto incendiario por unha fiestra da vivenda do rexedor.

Os atentados denunciados dende o goberno de Vilanova contra o seu alcalde, e que xa están en mans da garda civil, son máis graves do que se puidera imaxinar nun pequeno concello como Vilanova. O pasado mes de setembro, dous encapuchados lanzaron un artefacto incendiario contra a casa de Durán poñendo en perigo ao rexedor e a súa familia.

Os feitos están gravados polas cámaras de vixilancia que instalou na súa vivenda o propio rexedor vilanovés. Durán as instalou debido aos continuos actos vandálicos que estaba sufrindo.

O alcalde non puido dar máis datos ao estar a denuncia en mas das autoridades pero agarda que grazas a esas imaxes, a Garda Civil poida identificar aos culpables.

Gonzalo Durán tamén indica que ao pouco de cometerse o atentando unha páxina de facebook celebrou o acontecido.

A subdelegada do goberno e o coronel xefe da comandancia da Garda Civil trataron o tema na presentación do novo cuartel da garda civil de Cambados. Maica Larriba denunciou os atentados que está sufrir Durán e sinalou que non hai probas que os relacionen con ningún partido político. Pola súa parte, o coronel da Garda Civil indicou que continúa tratando de identificar aos culpables.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí